O Excmo. Sr. D. Luís de Angulo Rodríguez, Académico de Honra desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, faleceu o día 27 de abril.
Académico de Número e Ex presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Granada, Vicepresidente da Mesa Permanente das Academias Xurídicas e Sociais de Iberoamérica. Ex presidente e Conselleiro da Mutualidad da Avogacía Española.
Todos os seus membros queren expresar a dor pola perda de tan distinguido xurista, que honrou á Institución coa súa pertenza a ela.