A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra sesión solemne o xoves, día 29 de xuño ás 20:00 horas, na Sala de Conferencias de Afundación – Vigo, na que o Académico Electo Excmo. Sr. D. Julio César Picatoste Bobillo lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “KAFKA E O DEREITO”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
Será apadriñado polos Académicos Numerarios Excmos. Sres. D. José Manuel Romay Beccaría e D. Francisco Manuel Ordóñez Armán.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o Académico Numerario Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg.