A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra sesión solemne o venres, día 12 de xaneiro ás 20:00 horas, na que o Académico Electo Excmo. Sr.
D. José María Gómez y Díaz-Castroverde lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “A CRISE DA COMPROBACIÓN DE VALORES: UNHA APROXIMACIÓN REALISTA ÁS MODIFICACIÓNS DA BASE IMPOÑIBLE DECLARADA”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o Académico Numerario Excmo. Sr. D. Francisco Manuel Ordóñez Armán.