A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra sesión solemne o venres, día 20 de abril ás 20:00 horas, na que o Académico Electo Excmo. Sr. D. José Luis de la Torre Nieto lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “O CONTROL DE LEGALIDADE DA ADMINISTRACIÓN NO MARCO DUN CONSTITUCIONALISMO DE GARANTÍAS. ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE A REGULACIÓN DO PROCESO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o Académico Numerario Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg.