O día 7 de setembro faleceu o Excmo. Sr. D. Carlos Camba Souto, Académico de Número desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Tomoú posesión coa lectura do seu discurso de ingreso o día 7 de maio de 1999, medalla corporativa nº 16, titulado “Anotacións á xurisprudencia sobre a disposición transitoria cuarta da lei de minas de 1973), contestando en nome da corporación o académico don Celestino Pardo Castiñeira.
Desde 1948 a 1953 foi profesor axudante da Cátedra de Dereito Civil na Facultade de Santiago de Compostela, sendo Catedrático don Álvaro D´ ors. En 1948 colexiouse como avogado libre compatibilizando as clases co exercicio da profesión. Foi un brillante xurista, dedicado durante toda a súa vida profesional á realización do Dereito na súa forma máis inmediata e directa.
Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda dun ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela. Descanse en paz