A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará sesión solemne na sede da institución o venres, día 14 de abril ás 19:30 horas, na que o académico numerario electo Ilmo. Sr. Don JOSÉ RICARDO PARDO GATO lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “O CAMIÑO DE SANTIAGO NA LEXISLACIÓN GALEGA E NA XURISPRUDENCIA”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o académico numerario Excmo. Sr. Don Jesús Palmou Lorenzo e, actuarán como padriños os académicos numerarios Excmos. Sres. Don Carlos Lema Devesa e Don Miguel Ángel Cadenas Sobreira.
Acto con invitación.
Venres, 14 de abril de 2023 (19:30 hrs.) – Sede RAGJYL