News

READ WORLDWIDE NEWS

O Académico Numerario desta institución Excmo. Sr. D. José Bonet Correa, faleceu en Madrid o día 20 de agosto de 2024.

José Bonet Correa naceu en A Coruña en 1924.

Foi nomeado Académico de Número Electo da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o día 7 de maio de 1999, Medalla corporativa número 8, tomando posesión o día 24 de marzo de 2000 coa lectura do discurso de ingreso regulamentario titulado “A cultura galega e o seu Dereito Civil”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. Carlos Camba Souto.

No seu discurso de ingreso lembrou como recentemente obtida a licenciatura, con sobresaliente e premio extraordinario da Facultade de Dereito de Santiago, recibiu de don Álvaro D´ors o estímulo e guía na iniciación dos labores de investigación e docentes na mesma Facultade. Amplo a súa formación nas Universidades de Roma, París e Bonn. Foi membro de prestixiosas asociacións xurídicas europeas

Foi designado Secretario Xeral do “Istituto Giuridico Spagnolo de Roma”. Recibiu o premio “Castán Tobeñas” da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación.

En 1983 foi designado Director do “Instituto Nacional de Estudos Xurídicos”. Foi Profesor Emérito na Cátedra de Dereito Civil da Facultade de Dereito de C.E.U.

Autor de numerosas publicacións que abarcan desde monografías de raíz histórica como “A constitución de servidumes por signo aparente”, ata estudos como “A responsabilidade no dereito Aéreo”, ou “O control de cambios e as obrigacións dinerarias”. Autor de numerosos artigos en revistas xurídicas e colaboracións en obras colectivas como as editadas en homenaxe aos Profesores Castán, Federico de Castro, Batlle, Rodríguez Sastre ou Vallet de Goytisolo.

 

Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda de tan ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.

 

Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies