Conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que terá lugar o xoves, día 29 de xaneiro de 2026 ás 19:30 horas, sobre “DO DELITO AO DATO. A INVESTIGACIÓN CRIMINAL NA ERA DIXITAL E GLOBAL, impartida polo Xefe Superior de Policía de Galicia Sr. Don PEDRO JESÚS PACHECO CARRASCO.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGJYL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Sede: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P (C.P. 15001 – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforo.
O Xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco, profundou no presente da delincuencia e en coma facerlle fronte
“NOS ÚLTIMOS ANOS O CRIME ORGANIZADO GLOBALIZOUSE E DIXITALIZOUSE E ESIXE DOS EQUIPOS DE INVESTIGACIÓN NOVAS TÉCNICAS PARA ESTA NOVA REALIDADE”
Ciberdelicuencia, o uso de servidores en países distantes e estruturas supranacionais, redes de pornografía infantil que se distribúe a nivel mundial a través de plataformas de mensaxería en liña…Novas realidades que esixen readaptar as fórmulas para a súa. A realidade é que as técnicas tradicionais de investigación están nun proceso de esgotamento e os investigadores teñen que enfrontar esta nova realidade apoiándose en métodos, medios e dilixencias de carácter moito máis técnico para poder conseguir os indicios necesarios, explicou o máximo responsable da Policía en Galicia.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2026.– Unha lección sobre a investigación policial actual. Na conferencia “Do delito ao dato. A investigación criminal na era dixital e global” que o Xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Jesús Pacheco Carrasco, ofreceu esta tarde na sede da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, o experto debuxou o novo tipo de delincuencia ao que fan fronte, e, por tanto, a necesaria actualización dos procesos de investigación cos que a perseguen.
Para este especialista, quen foi presentado polo maxistrado do Supremo e presidente da RAGXEl, José Luis Seoane Spiegelberg, é esencial “actualizar lexislativamente os tipos e procedementos penais á nova realidade tecnolóxica”. “Os avances nesta materia, e en concreto a expansión e universalización do uso da internet, provocaron que a nosa forma de comunicarnos cambiase substancialmente e, ao tempo, xerou lagoas legais tanto desde o punto de vista procedemental como punitivo”, explicou.
Ciberdelincuencia e Crime Organizado son as dúas tendencias delincuenciales máis transcendentales que se están dando actualmente en Europa e tamén no noso país. A investigación criminal levada a cabo polas Unidades de Policía Xudicial tivo pois que adaptarse a este tipo de delitos, prioritarios para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sinalou o máximo responsable policial. É precisamente a globalización e a dixitalización coa que opera o Crime Organizado a que obrigou a adaptar a investigación policial a ese novo marco. Pedro Jesús Pacheco recoñeceu que as técnicas de investigación tradicionais (vixilancias, seguimentos, intervencións telefónicas, entradas ou rexistros) revélanse insuficientes. “Habemos de apoiarnos en métodos, medios e dilixencias de carácter técnico para poder conseguir indicios suficientes, isto é, apoiarnos na tecnoloxía e aplicala na investigación”.
Evidencias de delitos en España grazas ao envorcado de servidores situados en Francia
Hai que ter en conta que o Crime Organizado usa masivamente aplicacións de mensaxería encriptadas, o que complica as investigacións desenvolvidas pola Policía Xudicial. É necesario, ademais, traballar coordinadamente coas policías doutros países e dispoñer, todas elas, de acceso aos datos. Puxo como exemplo o Caso Enchrochat, no que un Xulgado francés emitiu unha orde de envorcado de Servidores situados en Francia con millóns de evidencias electrónicas vinculadas co Crime Organizado, moitas delas con orixe en España. “Coa Orde Europea de Investigación, a policía española pode explotar operativamente esas evidencias”, indicou Pacheco.
Esa colaboración internacional é esencial, como o demostran xa varias sentenzas que recoñecen como probas válidas as obtidas mediante resolución dunha autoridade xudicial francesa en procedementos xudiciais españois, dando sentido ao principio de recoñecemento mutuo e confianza das resolucións xudiciais ditadas noutro Estado da Unión europea.
Axente encuberto na macrooperación contra a pornografía infantil mundial
Aludiu tamén o Xefe Superior de Policía de Galicia á sentenza do Constitucional español que en xuño do 2024 maniféstase por primeira vez sobre a figura de Axente Encuberto, referido á Operación Pano de Aceiro, a macrooperación policial liderada por España contra a pornografía infantil a nivel mundial que operaba a través da rede Telegram.
Esta conferencia foi a primeira do ano do Ciclo que, organizado pola RAGXEL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA vén desenvolvéndose cada exercicio.