A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará sesión solemne na sede da institución o xoves, día 12 de febreiro ás 19:30 horas, na que o Académico Numerario electo Excmo. Sr. Don JOSÉ LUIS CONDE SALGADO lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “O MINISTERIO FISCAL EN ESPAÑA. A SÚA EVOLUCIÓN”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o académico numerario Excmo. Sr. Don MIGUEL ÁNGEL CADENAS SOBREIRA. Actuarán como padriños os Académicos numerarios Excmos. Sres. Don FRANCISCO MANUEL ORDÓÑEZ ARMÁN e Don JOSÉ IGNACIO GARCÍA MORATILLA.
Acto con invitación.
Xoves, 12 de febreiro de 2026 (19:30 hrs.) – Sede RAGJYL