Excmo. Sr. D. Carlos Lema Devesa (Medalla nº 4)
Tomou posesión o 29.09.22
Tomou posesión o 29.09.22
Nomeado Académico de Número Electo o 12.06.2021
Discurso pronunciado no seu ingreso:
“LA MARCA DE GARANTÍA EN LA LEY ESPAÑOLA DE MARCAS”
Resposta pronunciada polo Excmo. Sr. D. JESÚS SOUTO PRIETO
Carlos Lema Devesa
Cursou a carreira de Dereito, con bolsa da Fundación Barrié. Licenciouse pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1.973, con Premio Extraordinario de Licenciatura, séndolle concedido o Premio “Calvo Sotelo” ao mellor expediente académico. Realizou a súa tese doutoral (tamén con bolsa do Ministerio de Educación e Ciencia) sobre “A publicidade de ton excluínte”, na citada Universidade; sendo galardoada co Premio Nacional “Doutor Adolfo Muñoz Alonso”. A Fundación Barrié outorgoulle a súa Medalla de Prata. Foi vogal do seu Patronado, sendo actualmente Secretario desta Fundación.
No ano 1.981, obtivo por oposición a praza de Profesor Agregado de Dereito da Publicidade na Universidade Complutense de Madrid, ampliando –seguidamente- estudos de Dereito Industrial e Competencia Desleal no Instituto Max- Planck de Dereito Industrial de Múnic. En 1.983, fué nomeado Catedrático de Dereito Mercantil da citada Universidade Complutense de Madrid onde continúa.
É académico correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e tamén académico correspondente da Real Academia de Farmacia de Galicia. É coautor do Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade, así como doutros Anteproxectos de Lei da Comunidade Autónoma de Galicia.
Autor ou coautor de quince libros (entre outros, Comentarios á anterior Lei de Patentes, Comentarios ao Regulamento sobre a Marca Comunitaria e Prácticas Comerciais Desleais das empresas nas súas relacións cos competidores e cos consumidores), publicando máis de cen artigos doctrinales. Exerce como avogado, especialista en Dereito da Propiedade Industrial, Dereito da Propiedade Intelectual, Competencia Desleal e Publicidade, Dereito da Contratación e Dereito da empresa.