A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará sesión solemne na sede da institución o venres, día 1 de decembro ás 19:30 horas, na que o académico numerario electo Ilmo. Sr. Don JOSÉ LUIS ESPINOSA DE SOTO lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “O NOVO DEREITO DA CAPACIDADE XURÍDICA”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o académico numerario Excmo. Sr. Don Miguel Ángel Pérez Álvarez e, actuarán como padriños os académicos numerarios Excmos. Sres. Don Francisco Manuel Ordóñez Armán e Don Julio César Picatoste Bobillo.
Acto con invitación.
Venres, 1 de decembro de 2023 (19:30 hrs.) – Sede RAGJYL