A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra sesión solemne o venres, día 2 de febreiro ás 20:00 horas, na que o Académico Electo Ilmo. Sr. D. José Luis García-Pita y Lastres lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “COLISIÓNS MARÍTIMAS, PREVENCIÓN DE RISCOS E TEORÍA DO ORDENAMENTO XURÍDICO”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario a Académica Numeraria Ilma. Sra. Dna. Consuelo Castro Rey.