Esta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará o Solemne acto de Apertura do Curso Académico 2025-2026, o luns, día 24 de novembro de 2025 ás 19:30 horas, coa seguinte orde do acto:
1.- Abre o acto o Excmo. Sr. D. JOSÉ LUIS SEOANE SPIEGELBERG, Presidente da Institución.
2.- Lectura abreviada da Memoria do Curso Académico 2024-2025, polo Excmo. Sr. D. MIGUEL ÁNGEL PÉREZ ÁLVAREZ, Académico-Secretario Xeral.
3.- Lectura do Discurso de apertura titulado: “INTELIXENCIA ARTIFICIAL E OPERADORES XURÍDICOS: UN RETO QUE CÓMPRE ENFRONTAR”, pola Académica de Número Excma. Sra. Dª. MILAGROS OTERO PARGA.
Pechará o acto e declarará inaugurado o Curso Académico 2025-2026 o Presidente da Corporación.
Sede: Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1 (Edif. Real Consulado do Mar) 15001 – A Coruña
Entrada libre, ata completar aforo.