Esta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra unha sesión pública o venres, día 29 de abril ás 19:30 horas, na que DON XESÚS PALMOU LORENZO, Académico Numerario e Presidente da Academia Xacobea, pronunciará unha CONFERENCIA sobre “O DEREITO NO CAMIÑO DE SANTIAGO“.
A presentación será a cargo de Don José Luis Seoane Spiegelberg, Presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGJYL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Sede: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P ( C. P. 15001 – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforamento.