Conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación sobre “Consello Xeral do Poder Xudicial: a institución maltratada”, que se celebrará o xoves día 8 de febreiro de 2024, ás 19:30 horas, impartida por D. Perfecto Andrés Ibáñez, maxistrado xubilado do Tribunal Supremo.
O maxistrado xubilado e académico de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación D. Julio César Picatoste Bobillo será o encargado de presentar o devandito acto.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGXeL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Sede RAGXeL: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P (C. P. 15001 – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforo.