A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama), presidida por don Carlos Lema Devesa, catedrático da Universidade Complutense, académico de número da RAGJYL, outorgou os Premios “IURISGAMA” e “MONTERO RÍOS” no seu XXI Convocatoria, correspondente ao ano 2022. Os Premios IURISGAMA concédense a xuristas de orixe galega que alcanzaron destacado prestixio, cunha brillante traxectoria profesional.
O Premio “IURISGAMA” foi concedido a noso académico de número don JULIO PADILLA CARBALLADA e o Premio “MONTERO RÍOS” foi concedido a don JOSÉ MANUEL SIEIRA MÍGUEZ. O día 14 de decembro realizouse a entrega dos premios nun acto na sede do Senado.