Esta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra unha sesión pública o xoves, día 16 de marzo de 2017, ás oito da tarde, na que o Excmo. Sr. D. Luís Rodríguez Ennes, Académico de Número da Real Academia Galega, Catedrático Emérito de Dereito Romano, pronunciará unha conferencia sobre: “Dereito e Xustiza na obra literaria de Álvaro Cunqueiro”.
Sede: Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación
(Praza Pintor Sotomayor, 1 (Edif. Real Consulado do Mar) – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforamento.