O día 2 de agosto faleceu o Excmo. Sr. D. Alfonso Álvarez Gándara, Académico de Número desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, electo o día 7 de maio de 1999 coa medalla corporativa nº 21.
Foi decano do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo e presidente do Consello da Avogacía Galega. Perteneu á Comisión Permanente do “Consello Xeral da Avogacía Española” co carácter de vicepresidente VII, sendo presidente da Comisión de Estudos, Informes e Proxectos.
Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda dun ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.
Descanse en paz.