News

READ WORLDWIDE NEWS

O Académico Numerario desta institución Excmo. Sr. D. ANTONIO PLATAS TASENDE, faleceu o día 1 de abril de 2026. Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda de tan ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela. Descanse en paz.

Antonio Platas Tasende naceu en Santiago de Compostela en 1939.

Foi nomeado Académico de Número Electo da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o día 16 de decembro de 2011, Medalla corporativa número 10, tomando posesión o día 9 de novembro de 2012 coa lectura do discurso de ingreso regulamentario titulado “O AVOGADO E A CREACIÓN DO DEREITO. CONSIDERACIÓN DO DEREITO CONCURSAL NA GALICIA DO SÉCULO XX”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL LIAÑO FLORES.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1961.

Avogado en exercicio durante máis de 48 anos: colexiado nos Ilustres Colexio de Avogados da Coruña (desde 1963), Santiago de Compostela (desde 1973) e Madrid (desde 1975). Así mesmo durante anos pertenceu aos Ilustres Colexios de Avogados de, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Valladolid, Zamora e Santa Cruz de Tenerife.

Profesor asociado na Universidade da Coruña, durante 15 anos, impartindo a disciplina de Dereito Mercantil. Profesor da Escola de Práctica Xurídica.

Membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña durante máis de 25 anos.

Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña (201-2015) e Conselleiro do Consello Xeral da Avogacía Española, adxunto á Presidencia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies