News

READ WORLDWIDE NEWS

O Académico Numerario desta institución Excmo. Sr. D. Francisco de Paula Puy Muñoz, faleceu o día 31 de xullo de 2024.

Francisco de Paula Puy Muñoz naceu en Cambil (Jaén) en 1936.

Foi nomeado Académico de Número Electo da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o día 7 de maio de 1999, Medalla corporativa número 25, tomando posesión o día 16 de febreiro de 2001 coa lectura do discurso de ingreso regulamentario titulado “Sobre demora e puntualidade xudicial”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. José Bonet Correa.

Doutor en Dereito pola Universidade de Granada (España). As súas áreas de traballo foron fundamentalmente as seguintes: Tópica, Retórica e Dialéctica Xurídicas, Filosofía do Dereito, Dereito Natural, Teoría da Xustiza e Historial do pensamento xurídico. Autor de 53 libros, e máis de 300 artigos publicados en moitas revistas nacionais e estranxeiras.

Obtivo a cátedra de Filosofía do Dereito en 1966 por concurso nacional na Universidade de Santiago de Compostela onde desenvolveu o seu labor docente e investigadora durante máis de 40 anos ininterrompidos. Na devandita universidade dirixiu múltiples teses doutorais, tesinas, traballos de fin de grao etc. Na actualidade era Catedrático emérito ad honorem permanente.

Foi director de departamento e investigador principal de varios proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas.

Doutor Honoris Causa, polas universidades de Santo Tomás (Chile), Popular Autónoma do Estado de Poboa (México) e Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil). Maxister Honoris causa pola Escola Xudicial do Estado de México e Profesor invitado en Portugal, Italia, Alemania, México, Brasil, Arxentina, Uruguai e Chile. Membro da rede internacional de xuristas para a integración americana.

Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda de tan ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.

 

Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies