News

READ WORLDWIDE NEWS

O pasado día 9 de novembro faleceu na Coruña o Excmo. Sr. D. Jesús Varela Fraga, Académico de Número desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e membro da súa Xunta de Goberno.

Estaba en posesión da Medalla número 23 da Corporación desde o 19 de junio de 2009, data na que tomo posesión e leu o protocolario Discurso de Ingreso, que titulou “El regionalismo de Juan Vázquez de Mella”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg.

Decano do Colexio de Avogados da Coruña desde o ano 2005 ata o 2010, e antes vicedecano durante catro anos. Foi Conselleiro do Consello Xeral da Avogacía Española e membro da Comisión de Ordenación Profesional e Colexial do CGAE, Presidente do Consello Reitor da Escola de Práctica Xurídica “Decano Iglesias Corral”, Vogal da Asociación Galega de Arbitraxe, Presidente do Consello dá Avogacía Galega e membro da Comisión Avaliadora da Comunidade de Galicia da proba de aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado no ano 2015 designado polo Consello Xeral da Avogacía Española.

Membro da Comisión Superior de Dereito Civil de Galicia da Xunta de Galicia, para a revisión das Lei de Dereito Civil de Galicia, designado pola Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda dun ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.

Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies