News

READ WORLDWIDE NEWS

O Presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Excmo. Sr. D. José Antonio García Caridade faleceu hoxe, domingo 8 de novembro de 2020.

En 1977 foi elixido polo Pleno de Numerarios Académico de Número Electo e o día 17 de outubro de 1980, leu o seu discurso de ingreso de toma de posesión (Medalla corporativa nº 33).

O día 6 de febreiro de 1990 foi elixido polo Pleno de Numerarios, Presidente da Corporación, cargo que ocupou ata o día do seu falecemento.

Foi o primeiro Presidente do Consello Consultivo de Galicia (1996 – 2008).

Académico de Honra da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación de España, da de Valencia, de Granada, de Arxentina, Colombia, México, Chile, Nicaragua, Bolivia, o Perú e Vicepresidente Honorario da Conferencia das Academias Xurídicas Iberoamericanas.

Estaba en posesión das seguintes condecoracións: Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort (1964); Comendador da Orde do Mérito Agrícola (1968); Medalla Castelao da Xunta de Galicia (1992); Encomenda con placa da Orde de Alfonso X O Sabio; por Real Decreto 180/1996, do 2 de febreiro, Gran Cruz da Orde Civil de San Raimundo de Peñafort; o 1 de xullo de 2010 outorgóuselle o premio Iurisgama ”Xurista Gallego do ano” (Asociación de Xuristas Galegos en Madrid; por Real Decreto 93/2011, do 21 de xaneiro concédeselle a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X O Sabio; o 7 de xuño de 2011 impónselle a Medalla de Ouro do Consello Consultivo de Galicia.

Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda do noso Presidente, un ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.
Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies