O pasado día 26 de xuño faleceu na Coruña o Excmo. Sr. D. José Luis Meilán Gil, Académico de Número desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
Estaba en posesión da Medalla número 38 da Corporación desde o 11 de decembro de 1987, data na que tomo posesión e leu o protocolario Discurso de Ingreso, que titulou “Orzamentos e bases do dereito galego”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. José Manuel Liaño Flores.
Catedrático xubilado de Dereito Administrativo (UDC); Presidente de Honra do Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo; Membro numerario do Instituto de Estudos Coruñeses “José Cornide”; Ex Conselleiro Electivo de Estado; Reitor da Universidade da Coruña (1990-2003); Fundador da Conferencia de Reitores de Universidades españolas ( CRUE), da que foi Vicepresidente e Director do Centro español universitario de relacións internacionais; Ex consultor de Nacións Unidas sobre empresas públicas; Deputado no Congreso pola Provincia da Coruña (1977-1982), interveu na elaboración da Constitución e defendeu a súa disposición transitoria segunda relativa a Cataluña, País Vasco e Galicia, así como na do Estatuto de autonomía de Galicia; Conselleiro do Reino (1977-1978).
Autor de numerosas publicacións e artigos, introduciu os dereitos fundamentais no ordenamento español (1977).
Medalla de Ouro de Galicia. Fillo predilecto da Provincia da Coruña. Premio Fernández-Latorre de xornalismo. Gran Cruz Orde Mérito Civil. Gran Cruz Orde Alfonso X O Sabio.
Todos os membros desta Real Academia queren expresar a dor pola perda de tan distinguido xurista e tan apreciado compañeiro, que honrou á Institución coa súa pertenza a ela.
Descanse en paz.