Esta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebra o Solemne Acto de Apertura de Actividades do Curso Académico 2017-2018 o xoves día 9 de novembro de 2017, ás 19,45 horas, coa seguinte orde de intervencións:
1º. Intervención do Excmo. Sr. D. José Antonio García Caridad, Presidente da Corporación.
2º. Lectura da Memoria Abreviada de actividades do curso académico 2016-2017, polo Académico-Secretario Xeral, Excmo. Sr. D. José María Botana López.
Acto seguido, ás 20,00 horas, iníciase Sesión Solemne na que o Académico de Número Electo Excmo. Sr. D. Gonzalo Rodríguez Mourullo lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O PRINCIPIO DA LEGALIDADE E OUTROS PRINCIPIOS BÁSICOS DO DEREITO PENAL”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número (Med. 28)..
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o Académico Numerario Excmo. Sr. D. Antonio Fernández de Buján e Fernández.
VER NOTA DE PRENSA: “CREO QUE ASISTIMOS A UNA EXTENSIÓN PREOCUPANTE DEL NORMATIVISMO QUE ALEJA AL DERECHO DE LA REALIDAD”