A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama), presidida polo académico de número da RAGJYL don Carlos Lema Devesa, catedrático da Universidade Complutense e avogado, outorgou os Premios Iurisgama e Montero Ríos na súa XXIV edición, correspondente ao ano 2025. Os Premios Iurisgama concédense a xuristas de orixe galega que alcanzaron destacaron prestixio. Nesta convocatoria os Premios foron concedidos a dous dos nosos académicos, xuristas cunha brillante traxectoria profesional.
O Premio “Iurisgama” foi concedido ao Académico de Honra Excmo. Sr. D. FRANCISCO VÁZQUEZ VÁZQUEZ e o Premio “Montero Ríos” foi concedido ao Académico Excmo. Sr. D. VICTORIO MAGARIÑOS BLANCO.