A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará sesión solemne na sede da institución o xoves, día 3 de xullo ás 19:30 horas, na que o académico numerario electo Excmo. Sr. Don FERNANDO SUANZES PÉREZ lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “INTELIXENCIA ARTIFICIAL, CINEMA E DEREITO PENAL”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o académico numerario Excmo. Sr. Don Domingo Bello Janeiro e actuarán como padriños a académica numeraria Excma. Sra. Doña Consuelo Castro Rey e o académico numerario Excmo. Sr. Don José Manuel Romay Beccaría.
Acto con invitación.
Xoves, 3 de xullo de 2025 (19:30 hrs.) – Sede RAGJYL