A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama), presidida por don Carlos Lema Devesa, catedrático da Universidade Complutense, académico numerario electo da RAGJYL e avogado, outorgou os Premios “IURISGAMA” e “MONTERO RÍOS” no seu XX Convocatoria, correspondente ao ano 2021. Os Premios IURISGAMA concédense a xuristas de orixe galega que alcanzaron destacado prestixio.
Nesta convocatoria os Premios foron concedidos a dous dos nosos académicos numerarios, xuristas cunha brillante traxectoria profesional.
O Premio “MONTERO RÍOS” foi concedido ao Académico de Número don LUIS RODRÍGUEZ ENNES e o Premio ” IURISGAMA” foi concedido ao Académico de Número don JESÚS PALMOU LORENZO. O día 14 de decembro realizarase a entrega dos premios nun acto na sede do Senado.