News

READ WORLDWIDE NEWS

O acto de designación celebrouse o xoves 9 de abril de 2026 na Coruña. O Pleno de Académicos/as de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación aprobou os seguintes nomeamentos:

LUIS MIGUEZ MACHO, Catedrático de Derecho Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), académico de número electo para ocupar a vacante da Medalla nº 8 da corporación. A súa candidatura foi presentada polos académicos numerarios D. José Luis Carro Fernández-Valmayor, D. Jesús Souto Prieto y D. Carlos Lema Devesa.

 

JOSÉ MANUEL CALDERÓN CARRASCO, Catedrático de Derecho Financiero y Tributario da Universidade da Coruña (UDC), académico de número electo para ocupar a vacante da Medalla nº 20 da corporación. A súa candidatura foi presentada polos académicos numerarios D. José Luis Seoane Spiegelberg, D. Jesús Palmou Lorenzo y D. José Ricardo Pardo Gato.

 

ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA, Catedrático de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela (USC), académico de número electo para ocupar a vacante da Medalla nº 25 da corporación. A súa candidatura foi presentada polos académicos numerarios D. Miguel Ángel Pérez Álvarez, Dª. Milagros Otero Parga y D. Julio César Picatoste Bobillo.

 

-DATOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS DE D. LUIS MIGUEZ MACHO.

 

Luis Miguez Macho licenzouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1993, obtendo o grao de licenciatura coa cualificación de sobresaínte e o premio extraordinario de licenciatura. Gañou por concurso nacional de méritos a bolsa do Real colexio de España en Bolonia (Italia), onde desenvolveu un labor de investigación encamiñada á elaboración da súa teses doutoral durante os anos 1995 e 1996. Obtivo o grao de doutor en Dereito pola Universidade de Bolonia en 1996, cunha teses sobre o réxime xurídico dos usuarios dos servicios públicos que recibiu a máxima cualificación que outorga o ordenamento universitario italiano.

 

Traxectoria profesional: Foi profesor na Universidade de Vigo, primeiro como titular interino de Dereito administrativo (de 1996 a 1999) e despois como titular da mesma área (de 1999 a 2003). Foi profesor titular de Dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela de 2003 a 2017. É catedrático de Dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela desde 2017. Publicacións e outros méritos de investigación: É autor de múltiples publicacións científicas sobre diversos temas de dereito administrativo: tres obras monográficas de titularidade exclusiva e unha en coautoría, artigos de revista e capítulos de libro sobre servizos públicos, comercio interior, administración local, contratación pública, dereito urbanístico, procedemento administrativo, administración electrónica e intelixencia artificial, entre outras materias. Ó anterior engádese a presentación de ponencias e comunicacións con discusión pública en congresos científicos tanto nacionais como internacionais, así como a participación como relator nun bo número de conferencias e seminarios. En 2018 asumiu a coordinación española dos coloquios luso-españois de dereito administrativo, encontros que se veñen celebrando desde 1994, e a partir de 2024 a presidencia.

 

Participou de forma ininterrompida desde o comezo da súa carreira académica en proxectos de investigación financiados a través de convocatorias públicas en réxime de concorrencia, fundamentalmente no seo do equipo de investigación que dirixía na Universidade de Santiago de Compostela o profesor José Luis Carro Fernández-Valmayor. Foi investigador principal de tres deses proxectos (un das actualmente activo), do Plan Nacional de I+D+i. Forma parte desde a súa fundación do grupo de investigación multidisciplinar da Universidade de Santiago de Compostela GI-1876 “Empresa e Administración”, recoñecido pola Xunta de Galicia como grupo de referencia competitiva. Dirixiu un total de dez teses doutorais, sete delas merecedoras da máxima cualificación que prevé a normativa académica, catro con mención internacional e dúas en codirección con universidades estranxeiras.

 

Colaboración co sector público e privado: Participado, ben como membro do equipo investigador, ben como responsable da actividade, en convenios ou contratos con administracións públicas que comen a transferencia de resultados de investigación xurídica ao sector público, en particular no ámbito dos traballos prelexislativos. Na mesma liña, é autor de diversos ditames e informes xurídicos para entidades públicas e privadas. Postos e cargos de relevancia científica e académica: Foi decano da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 2007 e 2015 e é director do Departamento de Dereito público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela desde 2021. É membro do Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia e vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

 

 

-DATOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS DE D. JOSÉ MANUEL CALDERÓN CARRERO.

 

José Manuel Calderón Carrero, Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, Universidade da Coruña (UDC). Licenciado (Premio Extraordinario) e Doutor (Premio Extraordinario) en Dereito pola Universidade da Coruña. Master en Estudios sobre a Unión Europea e Visiting Scholar no International Tax Program Harvard Law School e Visiting Researcher International Bureau Fiscal Documentation de Amsterdam.

 

Especialización: Dereito Tributario: procedementos tributarios e tributación empresarial. Fiscalidade internacional. Dereito Tributario da Unión Europea.

 

Distincións e colaboracións institucionais e asociativas: Premio do Centro de Estudos Financeiros (1998 e 2001). Membro da Comisión Consultiva designado por España como “personalidade independente” (árbitro comunitario) para os efectos do Convenio 90/436/CEE, relativo á supresión da dobre imposición en caso de corrección de beneficios entre empresas asociadas. Membro da Comisión de Expertos do Instituto de Estudos Fiscais (Ministerio de Facenda) relativa ao “Análise do sistema tributario español á luz das liberdades comunitarias” (anos 2006 e 2007). Membro da Comisión de Expertos do Instituto de Estudos Fiscais (Ministerio de Facenda) relativa a “As posibilidades de harmonización do imposto sobre sociedades na UE” (anos 2007, 2008 e 2009). Membro da Sección de Fiscalidade Internacional da AEDAF (2009 en diante). Membro da Sección de Prezos de Transferencia da AEDAF (2009 en diante). Membro da International Fiscal Association (IFA).

 

Labor Docente: O profesor Calderón desempeña o seu labor docente e investigadora na Universidade da Coruña desde o ano 1994, colaborando con outras universidades nacionais e estranxeiras, así como outros centros de investigación públicos e privado. Publicacións: Autor de 8 monografías e máis de 50 publicacións en revistas e obras colectivas nacionais e estranxeiras.

 

-DATOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS DE D. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA.

 

Ángel Luis Rebolledo Varela, Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é Profesor Titular de Universidade dende 1984 e Catedrático de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela dende 1989, tendo compatibilizado durante varios anos a súa actividade académica coa de avogado en exercicio nos Ilustres Colexios de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense e Madrid.

 

Dirixiu varios proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Ciencia sobre o Dereito civil de Galicia, o dereito constitucional de acceso á vivenda, así como sobre a actualización do dereito sucesorio ante os cambios sociolóxicos e xurídicos da familia.

 

Participou como director, profesor, relator e conferenciante convidado en diversos Congresos, Másteres, Cursos de Formación, Seminarios e Xornadas técnicas destinados a Letrados, Procuradores, Xuíces e Maxistrados e outros profesionais xurídicos, organizados por Universidades, Colexios de Avogados, Consello Xeral do Poder Xudicial e outras institucións.

 

A través das relacións institucionais e de convenios entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago interviu como director e investigador na elaboración de varios anteproxectos de textos lexislativos posteriormente aprobados polo Parlamento de Galicia.

 

É autor de varias monografías e de numerosos estudos e publicacións en materias propias da súa especialidade en Dereito Civil, o dereito civil de Galicia, fundamentalmente relacionadas co dereito de familia e sucesións, servidumes, arrendamentos urbanos e propiedade horizontal.

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies