Conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que terá lugar o luns día 20 de novembro de 2023 ás 19:30 horas, sobre “Dereito privado e evolución social: a crise do dereito civil”, impartida polo Excmo. Sr. Don JOSÉ LUIS SEOANE SPIEGELBERG, Presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGXeL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Entrada libre, ata completar aforo.
Sede: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P (C. P. 15001 – A Coruña)