A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid ( Iurisgama), presidida por don Carlos Lema Devesa, catedrático da Universidade Complutense e avogado, outorgou os Premios Iurisgama e Montero Ríos no seu XIX Convocatoria, correspondente ao ano 2020. Os Premios Iurisgama concédense a xuristas de orixe galega que alcanzaron destacado prestixio. Nesta convocatoria os Premios foron concedidos a dous dos nosos académicos numerarios, xuristas cunha brillante traxectoria profesional.
O Premio “Montero Ríos” foi concedido ao Académico de Número Excmo. Sr. D. ANTONIO FERNÁNDEZ DE BUJÁN E FERNÁNDEZ e o Premio “ Iurisgama” foi concedido ao Académico de Número Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL LIAÑO FLORES.