Conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, que terá lugar o xoves, día 27 de febreiro de 2025 ás 19:30 horas, sobre “O pasivo ganancial: a súa determinación, reclamación de débedas e liquidación”, impartida polo Excmo. Sr. Don JOSÉ LUIS SEOANE SPIEGELBERG, presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGJYL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Sede: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P (C.P. 15001 – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforo.