Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira

Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira (Medalla nº 33)

Tomou posesión o 17.10.2022

cadenas

Nomeado Académico de Número Electo o 29.04.2022 

Tomou posesión o 17.10.2022

Discurso pronunciado no seu ingreso:

“NOS LÍMITES DA VIDA: UNHA PERSPECTIVA XURÍDICA”

Resposta pronunciada polo Excmo. Sr.

D. JOSÉ LUIS SEOANE SPIEGELBERG

 

Miguel Ángel Cadenas Sobreira (Ourense, 1947)

 

Licenciatura en Dereito – Universidade de Santiago de Compostela.

 

O Pleno de Académicos de Número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, celebrado o día 29 de abril de 2022, nomeou ao Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Cadenas Sobreira Académico de Número Electo, para ocupar a vacante da Medalla número 33 da Corporación. A súa candidatura estaba presentada polos Académicos de Número, Excmos. Sres. D. José Manuel Liaño Flores, D. José María Botana López e D. José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Ingresou na Carreira Xudicial por oposición o 28 de xuño de 1974. Foi membro da asociación Xuízas e Xuíces para a Democracia ( JJpD).

Os seus primeiros destinos xudiciais foron no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único do Barco de Valdeorras, onde tomou posesión o 1 de agosto de 1974 e no que permaneceu ata o 23 de abril de 1976, cando accedeu ao seguinte destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia (1976-1979). En 1979 ascendeu á categoría de maxistrado, ocupando praza nas Magistraturas de Traballo de Burgos e Vigo e, posteriormente, na Audiencia Provincial de Oviedo (1979-1986).

O 25 de febreiro de 1986 foi nomeado presidente da Audiencia Provincial de Ourense, función que desempeñou ata o 27 de setembro de 1989, data na que obtivo, por concurso de traslado, praza na Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, onde estivo ata xullo de 1995, data na que obtivo praza como maxistrado especialista na Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1995-2009).

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2009-2019). Nomeado presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en decembro de 2008, tomou posesión do cargo o 19 de febreiro de 2009. En marzo de 2014 foi reelixido por unanimidade.

De acreditada experiencia nos terreos docente e formativo, foi profesor asociado de Dereito Civil na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Profesor asociado de Dereito Civil e do Máster de Dereito Xudicial – Facultade de Dereito, Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela (1990-2016).

En 2010 foille concedida a Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort. Académico de Honra da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Membro Honorífico do claustro de Profesores de Dereito da facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo (2018).

Autor de numerosas publicacións en diversas revistas e relatorios nas tres Universidades de Galicia e outras institucións.

Miguel Ángel Cadenas Sobreira xubilouse o 11 de abril de 2019, tras 45 anos de carreira xudicial.

 

OUTRAS COLABORACIÓNS:

2021-actualidade: membro xurista da Comisión de Garantía e Avaliación de eutanasia da CA de Galicia.

2020-actualidade: vogal da Comisión Deontolóxica – Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies