A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación celebrará sesión solemne na sede da institución, o luns, día 17 de outubro ás 19:30 horas, na que o académico numerario electo Excmo. Sr. D. MIGUEL ÁNGEL CADENAS SOBREIRA lerá o seu regulamentario discurso de ingreso titulado “NOS LÍMITES DA VIDA: UNHA PERSPECTIVA XURÍDICA”, para tomar posesión da súa praza de Académico de Número.
En nome da Corporación contestará ao recipiendario o académico numerario e presidente da institución Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg e, actuarán como padriños os académicos Excmos. Sres. Don José María Gómez y Díaz-Castroverde e Don Francisco Ordóñez Armán.
Acto con invitación.
Luns, 17 de outubro de 2022 (19:30 hrs.)
Sede RAGJYL