Conferencia na Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación sobre “INTELIXENCIA ARTIFICIAL”. Terá lugar o xoves día 27 de outubro de 2022, ás 19:30 horas, e será impartida pola catedrática de Filosofía do Dereito Excma. Sra. Dª. Milagros Otero Parga, Académica Numeraria desta institución.
Este evento forma parte do Ciclo de Conferencias organizadas pola RAGXeL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA.
Sede: Praza Pintor Sotomayor, 1 – 2ª P (C. P. 15001 – A Coruña)
Entrada libre, ata completar aforo.