News

READ WORLDWIDE NEWS

Organizado pola Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, celebrarase na Coruña, na sede de Afundación (Rúa Cantón Grande, 8), o venres, día 19 de novembro de 2021, ás 19:30 horas, unha homenaxe “In Memoriam” do Excmo. Sr. D. José Antonio García Caridad, Presidente desta Corporación (1990-2020).

 

Este acto contará coas seguintes intervencións:

  • Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg, Presidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
  • Excmo. Sr. D. José Mª Gómez y Díaz-Castroverde, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • Excmo. Sr. D. José Luis de la Torre Nieto, Avogado do Estado.
  • Excmo. Sr. D. Augusto José Pérez-Cepeda Vila, Decano do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña.
  • Ilmo. Sr. D. José Antonio García Vila, que fará un eloxio de José Antonio García Caridad, pai.

 

Venres, 19 de novembro de 2021, ás 19:30 Hrs.

Sede: AFUNDACIÓN  (Rúa Cantón Grande, 8 /  C. P. 15003 – A Coruña)

Imprescindible comunicar asistencia – mail agjyl@ymail.com-, para un mellor control do aforo máximo permitido polas autoridades sanitarias. Acto con invitación, ata completar aforamento. Mail: agjyl@ymail.com

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies