News

READ WORLDWIDE NEWS

D. JOSÉ LUIS SEOANE SPIEGELBERG ELIXIDO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA DE XURISPRUDENCIA E LEXISLACIÓN E NOMEADOS ACADÉMICOS DE NÚMERO ELECTOS OS SRES. D. JUAN SANZ BRAVO, D. MANUEL AREÁN LALÍN E D. AUGUSTO JOSÉ PÉREZ-CEPEDA VILA.

O Pleno de Académicos de Número desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, celebrado o día 18 de setembro, elixiu Presidente por maioría absoluta ao Excmo. Sr. D. José Luis Seoane Spiegelberg. No mesmo Pleno de numerarios foron elixidos, tamén por maioría absoluta, tres novos Académicos de Número:

– Don Juan Sanz Bravo, para ocupar a vacante producida por falecemento de don José Luis López Mosteiro. A candidatura de don Juan Sanz Bravo, medalla corporativa nº 39, estaba presentada polos Académicos de Número don José Mª Gómez y Díaz-Castroverde, don Domingo Bello Janeiro e don José Luis de la Torre Nieto.

– Don Manuel Areán Lalín, para ocupar a vacante producida porfalecemento de don José Luis Meilán Gil. A candidatura de don Manuel Areán Lalín, medalla corporativa nº 38, estabapresentada polos Académicos de Número don Francisco M. Ordóñez Armán, don José Luis Seoane Spiegelberg, don Jesús Palmou Lorenzo e dona Milagros Otero Parga e Domingo Bello Janeiro..

– Don Augusto José Pérez-Cepeda Vila, para ocupar a vacante producida por falecemento de don Jesús Varela Fraga. A candidatura de don Augusto José Pérez-Cepeda Vila, medalla corporativa nº 23, estaba presentada polos Académicos de Número don José Manuel Liaño Flores, don César Torres Díaz e don José Seoane Iglesias.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies