News

READ WORLDWIDE NEWS

O Pleno de Académicos/as de Número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 2022, elixiu dous novos Académicos de Número para ocupar as vacantes das Medallas número 13 e 16 da Corporación.

O notario D. JOSÉ LUIS ESPINOSA DE SOTO, ocupará a vacante de Académico de Número na MEDALLA CORPORATIVA Nº 16, vacante por falecemento do seu anterior posuidor D. Carlos Camba Souto. A súa candidatura estaba presentada pola Académica Numeraria Dna. Consuelo Castro Rey y os Académicos Numerarios D. Julio César Picatoste Bobillo e D. José Luis García-Pita y Lastres.

O avogado D. JOSÉ RICARDO PARDO GATO, ocupará a vacante de Académico de Número na MEDALLA CORPORATIVA Nº 13, vacante por falecemento do seu anterior posuidor D. José Manuel Liaño Flores. A súa candidatura estaba presentada polos Académicos Numerarios D. Julio Padilla Carballada, D. Antonio Fernández de Buján y Fernández e D. Modesto Barcia Lago.

Devanditos nomeamentos tiveron lugar por maioría absoluta dos Sres. Académicos/as presentes e representados, tras procederse á oportuna votación e posterior escrutinio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies