News

READ WORLDWIDE NEWS

O Pleno de numerarios desta Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, na súa última sesión celebrada o día 12 de xuño, elixiu ao Excmo. Sr. D. Carlos Lema Devesa novo Académico de Número, para ocupar a vacante producida na Medalla número 4 da Corporación, por falecemento do Excmo. Sr. D. Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez.

Natural de Santiago de Compostela, é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Premio Extraordinario de Licenciatura. Realizou a súa tese de doutoramento nesta universidade sobre “La publicidad de tono excluyente”, dirixida por D. Carlos Fernández-Nóvoa e galardoada co Premio Nacional “Doctor Adolfo Muñoz Alonso”. Ampliou os seus estudos de Dereito Industrial, Competencia Desleal no Instituto Max-Planck de Dereito Industrial de Múnic.

É catedrático de Dereito Mercantil da Universidad Complutense de Madrid e exerce como avogado, especialista en dereito da propiedade industrial, dereito da propiedade intelectual, competencia desleal e publicidade, dereito da contratación e dereito da empresa.

É académico correspondente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e tamén da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi bolseiro, vogal do padroado e actualmente secretario da Fundación Barrié, que lle concedeu a súa Medalla de Prata.

É coautor do anteproxecto de Lei xeral de publicidade, así como doutros anteproxectos de Lei da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, é autor o coautor de quince libros e máis dun centenar de artigos doutrinais.

Presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (IURISGAMA).

Presidente de Honra da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.

A súa candidatura estaba presentada polos Académicos de Número, Excmos. Sres. D. José Manuel Liaño Flores, D. Xesús Palmou Lorenzo e D. Jesús Souto Prieto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies