Faleceu o Vicepresidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Excmo. Sr. D. Arsenio Cristóbal y Fernández-Portal (A Coruña, febreiro 1930 / Madrid, xaneiro 2021).
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, coa cualificación de sobresaliente e premio extraordinario (1952). Avogado dos Ilustres Colexios da Coruña (desde 1956) e Madrid (desde 1968). Pertenceu tamén aos Ilustres Colexios de Avogados de Ferrol, Santiago e Lugo. Medalla de Ouro do Colexio de Avogados da Coruña.
Cofundador da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, asinante da súa Acta constitutiva.
Nomeado Académico de Número Electo na Primeira Xunta Xeral da Academia celebrada o día 27 de marzo de 1967, tomando posesión o día 28 de novembro de 1986 (medalla corporativa nº 18), lendo o Discurso de ingreso titulado “Aspectos Procesuais das Accións Divisorias no noso Dereito”.
Membro da Xunta de Goberno da Academia desde a devandita data, na que desempeñou os cargos de Bibliotecario e Tesoureiro, ostentando na actualidade o de Vicepresidente/Presidente en funcións.
Todos os membros desta Real Academia expresan a súa dor pola perda do noso Vicepresidente, gran xurista, exemplar académico e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela. Descanse en paz.