News

READ WORLDWIDE NEWS

Faleceu o Vicepresidente da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación Excmo. Sr. D. Arsenio Cristóbal y Fernández-Portal (A Coruña,  febreiro 1930 / Madrid, xaneiro 2021).

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, coa cualificación de sobresaliente e premio extraordinario (1952). Avogado dos Ilustres Colexios da Coruña (desde 1956) e Madrid (desde 1968). Pertenceu tamén aos Ilustres Colexios de Avogados de Ferrol, Santiago e Lugo. Medalla de Ouro do Colexio de Avogados da Coruña.

Cofundador da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, asinante da súa Acta constitutiva.

Nomeado Académico de Número Electo na Primeira Xunta Xeral da Academia celebrada o día 27 de marzo de 1967, tomando posesión o día 28 de novembro de 1986 (medalla corporativa nº 18), lendo o Discurso de ingreso titulado “Aspectos Procesuais das Accións Divisorias no noso Dereito”.

Membro da Xunta de Goberno da Academia desde a devandita data, na que desempeñou os cargos de Bibliotecario e Tesoureiro, ostentando na actualidade o de Vicepresidente/Presidente en funcións.

Todos os membros desta Real Academia expresan a súa dor pola perda do noso Vicepresidente, gran xurista, exemplar académico e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela. Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies