O Académico Numerario desta institución Excmo. Sr. D. José Seoane Iglesias, faleceu o día 28 de outubro de 2024.
Don José Seoane Iglesias foi nomeado Académico de Número Electo da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o día 7 de marzo de 1987, Medalla corporativa número 20, tomando posesión o día 24 de xuño de 1988 coa lectura do discurso de ingreso regulamentario titulado “Algunos aspectos jurídicos de la formación y del futuro del abogado”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. José Luis Meilán Gil.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporado como Letrado exercente ao Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol o 25 de febreiro de 1964 e ao da Coruña o 24 de xuño de 1974.
Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol durante 10 anos, desde o 14 de decembro de 1985 ata 1995; foi Conselleiro do Consello Xeral da Avogacía Española; e primeiro Presidente do Consello da Avogacía Galega (25 de novembro de 1993), cargo que desempeñou durante os dous anos seguintes. No ano 2001 foi proposto polo Consello dá Avogacía Galega para formar parte do Consello Xeral do Poder Xudicial (C.G.P.J.), dentro do cupo reservado a xuristas cualificados.
Foille concedida a Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort, titulo concedido pola Orde do 6 de decembro de 1996, do Ministerio de Xustiza e Interior. Por Acordo da Xunta de Goberno do Iltre. Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, do 8 xaneiro de 2015 foi concedida a Medalla de Ouro desa Corporación profesional.
Membro integrante da “Ponencia” establecida por Orden del 1 de abril de 1987 na Comisión Superior para ó estudio do desenvolvemento do Dereito Galego, creada por Decreto 71/1984, de 23 de febrero, de la Consellería de la Presidencia de la Xunta de Galicia (DOGA número 6, de 3 de abril de 1987); y de la Ponencia de Dereito Galego en el Consello da Cultura Galega, año 1992. Miembro de la “Comisión Asesora de aspectos xurídicos-asistenciais do enfermo mental, do Servicio Galego de Saúde” (1993). Participou nos Cursos de Dereito Civil Galego (1992, 1993, 1994 e 1995) na Universidade da Coruña; e nas Xornadas de Dereito Civil Galego, organizadas pola Xunta de Galicia e o Consello Xeral do Poder Xudicial (A Coruña 1988) e Cursos de Dereito Civil Galego baixo o patrocinio do CGPJ e Dirección Xeral de Xustiza (A Coruña, 1992).
Foi partícipe, igualmente, nos seguintes Cursos e Congresos: Cursos de Educación Sanitaria sobre Alcoholismo (1981), Drogodependencias (1982) e Educación Sanitaria (1984), organizados pola Asociación de Ex-Alcohólicos Españois de Ferrol, Xunta de Galicia e Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Con relatorios e comunicacións, nos I e II Congresos de Dereito Galego (1972 e 1985); nas Xornadas Xurídicas do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña (1975, 1983 e 1985); I e II Congresos da Avogacía Galega, no II, celebrado en Vigo (novembro de 1987) cunha comunicación. En xuño de 1987 participou cun traballo nas primeiras Xornadas sobre a quenda de Oficio, Xustiza Gratuíta e Asistencia ao Detido ou Preso, organizadas polo Ilustre Colexio de Avogados de Valencia, e, no mesmo mes, no I Encontro Galaico-Minhoto, celebrado en Valença, Portugal. Asistiu ao Congreso da Asociación Internacional de Mozos Avogados (AIJA), celebrado en Helsinki, Finlandia (1983). Participa nas “Primeres Xornades sobre intrusisme”, levadas a cabo polo Colexio de Avogados de Barcelona, en 1990. En outubro de 1992 participou tamén nas III Xornadas sobre o Intrusismo, celebradas en Marbella e organizadas polo Ilustre Colexio de Avogados de Málaga.
Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda de tan ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.
Descanse en paz.