News

READ WORLDWIDE NEWS

O Académico Numerario desta institución Excmo. Sr. D. César Torres Díaz, faleceu hoxe, día 11 de maio de 2022.

Foi nomeado Académico de Número Electo o día 7 de maio de 1999 (Medalla Nº 37), tomando posesión o día 18 de febreiro de 2011 coa lectura do discurso de ingreso regulamentario titulado “Vintecinco anos na historia do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña. Decano Iglesias Corral”, contestando en nome da corporación o Excmo. Sr. D. Jesús Varela Fraga.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi Vogal da xunta de goberno e membro da comisión executiva da Mutualidade da Avogacía Española.

Decano do Colexio Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña desde 1997 ata 2004.

Académico de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Presidiu a comisión organizadora do III Congreso de Dereito Gallego e foi un membro destacado na organización e traballos dos dous anteriores congresos. Conselleiro delegado da revista xurídica “Foro Gallego”.

Presidente e conselleiro de múltiples empresas en distintos sectores da economía galega. Fundador e presidente da firma Torres e González Díaz, empresa familiar titular do grupo de hoteis “Praias e Casaríos”, con actividades inmobiliarias, agrícolas e ecolóxicas no sur de España, sendo galardoada co premio Anda Natura 2008 ao desenvolvemento sostible.

Estaba en posesión da medalla número uno ao mérito do Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e da Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.

Todos os membros desta Real Academia queren expresar a súa dor pola perda de tan ilustre xurista e apreciado compañeiro, que honro á institución coa súa pertenza a ela.

Descanse en paz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies