A Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, en sesión plenaria celebrada o 23 de febreiro, decidiu nomear como novos Académicos de Honra ao presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación Excmo. Sr. D. José Antonio Escudero López, ao Maxistrado do Tribunal Supremo Excmo. Sr. D. Ramón Trillo Torres e ao ex Fiscal Superior de Galicia Excmo. Sr. D. Carlos Varela García.